... Non nos entenden, non
E agora qué? Pregunta que se fai a maioría da poboación nesta etapa de
confinamento. Pois ben, en Compostela volver á vida eche así...
Volveremos á rúa, ás terrazas de Mazarelos, a comer ese anaco de queixo e
xamón do Candilejas (que non moi lonxe daquí pagarías cinco euros por el).
Perderémonos polo casco vello, quen sabe, igual ata nos paramos a observar a
catedral despois de tanto tempo sen facelo, sen ver ningún peregrino no
Obradoiro, escoitando únicamente a nosa lingua na praza. Subiremos pola rúa do
Franco dicindo que non, que non queremos tartas de Santiago nin menús a quince
euros, que nos somos daquí! Volveremos á Tita, a comer a tortilla e a beber
cañas de 1906 xa que... "alí saben diferente". Tomaremos unhas cuncas
no Ourense, coa vella alí na porta coa vara (o mellor porteiro da cidade).
Iremos ás terrazas do Momo e o Embora, a tomar unha, ou unha caixa, observando
as luces e o Seminario no parque de Belvís. Iremos ao Porrón a tomar sidra e o
seu correspondente chupito de jaggerboom no Albaroque (xa que invitan...) Ao
saír escoitaremos dende a porta a foliada nas Crechas. Pronto estaremos
sentindo o calor dunha festa en rincóns coma o Paraíso Perdido a ritmo de
soundsystem ou bailando uns cumbiotes no Pozo cunha cervexa e unhas palomitas,
mellor combinación imposíbel. Sairemos á rúa, ver chover e camiñar sobre a
pedra mollada (quen nos ía dicir que o botaríamos de menos, non penso protestar
mais por echoupar os pés).
Pasaremos polo Mari Tere e faremos a festa na rúa do Tarasca e o Curruncho, incluso sen chegar a entrar, co Grandola Vila Morena de fondo. Correremos polos soportais para chegar á praza do Avante sen mollarnos, e poder facelo por dentro tomando un licor café (en vaso de plástico, pero que ben senta) escoitando a SonDaRúa ou a Zoo.
Avanzaremos por riba das pozas da praza de Abastos para pedir a penúltima na zona nova, ben sexa no Maycar, Blaster ou no Ruta. Eso si... a festa rematarémola coma sempre, cun bo almorzo no Bolívar ou no Galicia, e os mais temerarios, no McAuto.
Mais... non todo é a noite queridísimas amigas. Os picheleiros e picheleiras disfrutaremos da nosa cidade coma ninguén... vendo o atardecer dende o Gaiás, observando os tellados de Compostela dende Bonaval, coas guitarras, os cans, os cativos e cativas correndo pola herba... iso é Santiago.

O último que imos querer é voltar á casa.
Camiñaremos pola Alameda horas e horas, como non, coa Catedral ao lonxe. Pasaremos pola porta Faxeira e cruzarémonos cun veciño, unha amiga ou co noso curmán e abrazarémonos, debuxando ese sorriso tan característico da nosa xente. Sentarémonos e falaremos "de todo un pouco" na praza da Quintana, vendo os pícaros na bicicleta, tomando o café no Literarios cubertos polos raios do sol (pretiño temos o verán) mentres a Berenguela nos vai dando sombra pouco a pouco ao ir rematando o día. Será entón cando subiremos aos xardíns do Costa Vella ou da Casa Felisa para seguir conversando rodeado da nosa xente cun bo viño e cunhas tapas no Corredoira.
Aquí queremos iso, nin cruceiros polo Mediterráneo, nin o Caribe, e se nos queren levar a París... que sexa para rematar no Dakar.

Que buena descripción de un hombre que se nota que ama su tierra
ResponderEliminar